Descripción de AS RAPAZAS NON SABEN PEGAR
Fleur ten dezaseis anos, dous bos amigos (Blossom e Pip) e un mozo maior ca ela, que os seus pais adoran. Un día proba as clases de boxeo só por retar o club, que non permite que as rapazas adestren cos rapaces. Inesperadamente Fleur atopará non só unha nova afección, senón unha nova forma de vida que a transformará e que preocupará a súa sobreprotectora nai.