Detalle de producto

A nosa terra é nosa!

32,50 €
Autor : insua, emilio xosé
Marca : baia
Año : 2016
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A NOSA TERRA É NOSA!

Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º 404) para chorar a desaparición física do xornalista de Viveiro, deixaba Castelao ben clara a enorme transcendencia que tanto para si propio como para a historia política e cultural da Galiza no seu conxunto tivera a posta en marcha, o 18 de maio de 1916, da primeira das Irmandades da Fala, á que ben axiña se sumarían outras. Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo. A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico "cerebro colectivo" que foron as Irmandades: a reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á cronoloxía, pois pensamos que así, presentados no seu contexto histórico en cada momento, entenderanse mellor os méritos, as dificultades e os logros de cada unha das iniciativas irmandiñas. Notarase en moitos parágrafos desta monografía a especial relevancia que concedemos á figura e aos textos do promotor das propias Irmandades, Antón Villar Ponte, de quen nos servimos como eixo vertebrador do noso relato e a cuxa obra xornalística acudimos reiteradamente para ilustrar os procesos e reviravoltas da entidade.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-03-18
  • Titulo interno: (G).A NOSA TERRA E NOSA!:A XEIRA IRMANDADES FALA 1916-1931
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: SIN COLECCION
  • Altura: 220
  • Ancho: 150
  • Espesor: 37
  • Paginas: 752
  • Materias ibic: 2ADQ;HBT;
  • Fecha de edición: 2016-05-16