Detalle de producto

A Estrela de Oriente

15,95 €
Autor : Bouzas, pemón
Marca : Xerais
Año : 2012
Idioma : Gallego
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A ESTRELA DE ORIENTE

Cando Aziz esperta tras ver derruída a súa aldea por un grupo de bandidos, atópase nunha caravana chea de riquezas, con fermosos cabalos de guerra, boas teas e abundantes especias, entre soldados e sabios. E recollido polos homes de Apelio, xefe das tribos que habitan as altas montañas de Oriente, quen lle explica que están alí para cumprir unha antiga profecía. Onense a eles Amerio, príncipe de todas as tribos do sur, onde se atopan as fontes que enchen de auga os grandes lagos de Africa e o Nilo, e Malgalath, druída das nacións celtas do norte, transportados prodixiosamente ata ese lugar dende as súas afastadas terras. Os tres, acompañados polo pequeno Aziz, seguirán a Estrela de Oriente, no seu camiño cara a Belén, por ver de atoparen e agasallaren o novo Rei de reis acabado de nacer. A Estrela de Oriente fálanos dun dos grandes mitos de Occidente, os Reis Magos, retratados por Tiziano, Velázquez ou Rubens, que representan para a infancia un dos misterios máis extraordinarios, un dos referentes do calendario, nos que está presente a ilusión, a maxia, a fantasía. Nesta obra destacan aspectos moito máis universais que os que poidan reflectir ideoloxías ou relixións, como a solidariedade, a relación entre culturas e diferentes etnias ou o compromiso.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2023-09-05
  • Titulo interno: (G).A ESTRELA DE ORIENTE (INFANTIL/XUVENIL)
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: INFANTIL/XUVENIL
  • Altura: 222
  • Ancho: 148
  • Espesor: 3
  • Paginas: 64
  • Materias ibic: 5AG;5HC;YFH;YFJ;YXN;
  • Fecha de edición: 2012-09-01