Detalle de producto

A arte do bo pescar

10,65 €
Autor : Vilar varela, jose maría
Marca : Baia
Año : 2012
Idioma : Gallego
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A ARTE DO BO PESCAR

A pesca con cana non é só unha actividade deportiva, que se debe aprender a practicar e a gozar, é case un modo de vida: combates o estrés diario, gañas tranquilidade e saúde co contacto coa natureza -neste caso, o mar e o seu contorno-, logras unha gran satisfacción coas capturas realizadas e, finalmente co seu tratamento gastronómico. Estes son, sen dúbida, algúns dos seus moitos alicientes. Esta guía representa, por unha banda, a plasmación dos coñecementos adquiridos polo autor ao longo da súa dilatada experiencia e, por outra, o seu desexo de transmitirllos aos apenas iniciados nesta práctica e a quen aínda non se deixaron atraer por ela. A guía, na que José María buscou deliberadamente utilizar unha linguaxe absolutamente didáctica e directa para que cumpra o seu principal obxectivo, a divulgación, consta de catro apartados: 1) cebos e engados, 2) artes e técnicas, 3) o mar, os ventos e as mareas, e 4) a pesca das especies máis comúns das nosas costas. A arte do bo pescar, en definitiva, é unha obra que pon en valor esta actividade que forma parte tamén da cultura das nosas vilas e cidades mariñeiras.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2023-04-14
  • Titulo interno: (G).25.ARTE DO BO PESCAR, A.(GUIA NATUREZA)
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: BAIA VERDE:GUIA NATUREZA
  • Altura: 200
  • Ancho: 200
  • Espesor: 3
  • Paginas: 61
  • Materias ibic: WSXF;
  • Fecha de edición: 2012-01-01