Detalle de producto

UNHA NACIÓN NO MUNDO

33,50 €
Autor : nogueira, camilo
Marca : xerais
Año : 2019
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de UNHA NACIÓN NO MUNDO

O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país;eliminou a Xunta do Reino;forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Malia todo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación, como nación no mundo.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: 30.NACION NO MUNDO:A RAZON RESISTENTE (1480-2010)
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: OBRAS DE REFERENCIA
  • Altura: 220
  • Ancho: 145
  • Espesor: 36
  • Paginas: 736
  • Materias ibic: 1DSEL;2ADQ;3J;HBJD;
  • Fecha de edición: 2019-01-17